This is a repeating event

Festas de San Xaquín na Illa de Ons

sáb22agoConsultarFestas de San Xaquín na Illa de Ons22 e 23 de agosto de 2026(Consultar: sábado) Illa de Ons -

Detalles do Evento

Concello de Bueu, oa colaboración da Asociación de Veciños e Amigos de Ons, Parques Nacionais e veciñanza, organiza o 22 e 23 de agosto as Festas de Ons na honra de San Xaquín.

O programa de eventos iniciarase o sábado pola mañá cunha ruada a cargo da charanga Amigos e Colores. Pola noite, a partir das 22.30 horas, actuará o grupo De Cañas e Óscar DJ.

O domingo comezará a mañá cunha ruada coa charanga Os Imperiais, Mariachis Noche de Ronda e o grupo de gaiteiros Serradela.

Ás 12.00h. será a ofrenda no cemiterio e a continuación organizarase unha homenaxe veciñal aos fareiros, para dar paso logo á misa na honra de San Xaquín ás 13.00 horas.

Ademais, a Asociación Costumes de Cela elaborará unha alfombra floral.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Illa de Ons

Parque Nacional de las Islas Atlánticas

Está pasando!