A praia fluvial de Pontesampaio acollerá a primeira edición do festival PSP Rock

27 Maio 2026

O sábado 30 de maio, a partir das 19:00 horas, na contorna da praia fluvial da Xunqueira, en Pontesampaio, botará a andar o festival PSP Rock, unha iniciativa con entrada de balde, impulsada pola comisión de festas Virxe do Carme.

Unha noite de música, festa e bo ambiente para unha primeira edición que contará coas actuacións de Mostrencos (21:00 a 23:00 horas), Tonhito de Poi e Os Inconmensurables (23:00 a 01:00 horas) e unha sesión de música electrónica e punk rock (de 01:00 a 05:00 horas) para pechar a noite por todo o alto.

Está pasando!