Agora somos tres

Unha fermosa historia de amizade

Autores: Giorgio Valpe e Paolo Proietti

Editorial: Edicións do Cumio

Idioma: Galego

Número de páxinas: 32

Materia: Literatura infantil de 0 a 12 anos

Continuación da historia protagonizada por Chío e Pelo Roibo de ‘Antes de durmir’ de gran éxito internacional abordando temas coma os celos, segredos e inclusión.

Ao pequeno raposo non lle gusta o inverno porque o seu amigo o leirón hiberna e el queda só. Pero esta vez atópase cun teixugo, Bas e faise amigo del. Xuntos divírtense moito e, cando chega o momento en que Chío (o leirón) esperta, o raposo non sabe se presentar ao novo amigo ou esconderlle esta novidade. O temor de que o leirón poida querer ao teixugo máis que el fréao de revelarlle a verdade. Así trata de ocultalo dividíndose entre os dous amigos. Pero a maneira de comportase de pequeno raposo fan que Chío sospeite e pronto descobre a existencia de Bas.

Os tres convértense en grandes amigos e dannos unha gran lección, no corazón de cada un de nós hai lugar para moitos amigos aos que querer.


Está pasando!