This is a repeating event

Festival SonRías Baixas 2026 en Bueu

xov30xulConsultarFestival SonRías Baixas 2026 en BueuDo 30 de xullo ao 1 de agosto de 2026(Consultar: xoves) Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

O festival SonRías Baixas afronta esta nova edición co obxectivo de seguir consolidándose como un dos festivais de referencia do verán en Galicia e en todo o noroeste peninsular.

A programación de SonRías Baixas 2026, que se celebrará do 30 de xullo ao 1 de agosto, distribuirase entre os escenarios Xacobeo 2027 e Turismo Rías Baixas, que acollerán alternativamente máis de vinte actuacións ao longo dos tres días do festival.

O festival comezará o xoves 30 con Duendeneta Dilleis abrindo os concertos, antes de dar paso a Veintiuno, Juventude e Alcalá Norte, mentres que Hoonine será a encargada de pechar a primeira noite coa súa proposta electrónica, house e synthpop.

venres 31 estará marcado pola convivencia entre o rock e a electrónica. O día comezará con EME DJ e continuará con Ulex, Chiquita Movida, Rager, Barry B, Sobrezero e Ultraligera, antes de que Kike Varela tome o relevo na recta final da noite. O peche do venres estará a cargo de Zahara (Rave), que dará o toque final ao día co seu espectáculo inmersivo en chave techno.

sábado 1 de agosto chegará un dos días máis esperados desta edición. Quinkillada Coolnenas serán os encargados de proporcionar a banda sonora da sesión vermú coa que comezará o último día do festival. Pola tarde, Duendeneta Dilleis abrirá o programa, dando paso ás actuacións en directo de Alizza, Biznaga e Gara Durán.

A noite estará protagonizada por algúns dos nomes máis destacados do cartel, con actuacións de La M.O.D.A., Mr. Kilombo e La Pegatina. Como toque final, os mexicanos Sonido Gallo Negro e NDLR encargaranse de despedir a 23ª edición de SonRías Baixas con música ata as tres da mañá.

A organización mantén o seu compromiso de facilitar a mobilidade do público a través de servizos oficiais de autobús desde Vigo, Moaña, Cangas, Pontevedra, Marín e Seixo, favorecendo un acceso cómodo, seguro e sostible ao recinto de As Lagoas durante os tres días.

Os últimos abonos e as entradas de día están dispoñibles a través de sonriasbaixas.info e enterticket.es. Unha vez comezado o festival, as entradas pódense mercar en persoa na billeteira situada na Praza Massó de Bueu, ata que se alcance a capacidade máxima.

SonRías Baixas está promovida pola produtora PlayPlan, tamén responsable de BIGSOUND Pontevedra, Festival do Pasatempo e Fumega Fest. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, así como coa colaboración de Galicia Calidade e Xacobeo 2027; a colaboración institucional do Concello de Bueu; e o patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, a través da marca Rías Baixas Fest. O evento tamén conta coa colaboración de Bico de Xeado, Los40 e Radio3 como medios oficiais.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!