O Son da Muralla | Concello de Salvaterra de Miño

O Son da Muralla 2026 en Salvaterra de Miño

sáb01agoConsultarO Son da Muralla 2026 en Salvaterra de Miñoo festival Dj ao aire libre máis grande de Galicia(Consultar: sábado) Recinto Amurallado de Salvaterra - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

O festival O Son da Muralla presentou oficialmente o cartel completo da súa 25ª edición, que se celebrará o vindeiro 1 de agosto cunha programación pensada para celebrar por todo o alto 25 anos de música, festa e grandes momentos compartidos.

Esta edición tan especial contará coa presenza do recoñecido artista internacional SASH!, que chegará a Salvaterra para facer vibrar ao público cos seus grandes éxitos e conectar coa esencia coa que naceu O Son da Muralla.

Pero esta edición aniversario será tamén unha viaxe pola propia historia do festival. O cartel reúne a varios artistas que xa deixaron pegada en anteriores edicións, como DJ Charlie, Marvin, Andrea Prezioso, Mari Ferrari, Sonic e Marcos Magán, nomes que forman parte da memoria de O Son da Muralla e que volverán compartir escenario nesta celebración tan especial.

Entre eles destaca especialmente DJ Charlie, unha das caras máis queridas polo público e un artista practicamente imprescindible na historia do festival, xa que participou en case todas as edicións de O Son da Muralla, acompañando a evolución do evento ao longo destes 25 anos.

Tamén terá un papel especial Adán, artista local de Salvaterra de Miño, ligado aos primeiros anos do festival e que representa esa conexión coa terra e coas persoas que axudaron a construír a identidade de O Son da Muralla desde os seus inicios.

Con este cartel completo, o festival quere mirar cara atrás para agradecer todo o camiño percorrido, pero tamén mirar cara adiante cunha edición que promete ser histórica.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Recinto Amurallado de Salvaterra

Praza a Constitución, 1, 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!