O Cineclub Valmiñor Alice Guy colabora na programación do mes do Orgullo Crítico Val Miñor coa proxección de ‘God’s Own Country’

16 Xuño 2021

Este mes, con motivo da celebración do mes do Orgullo Crítico Val Miñor, o Cineclub Valmiñor Alice Guy colabora coa proxección do filme ‘God’s Own Country’ (Terra de Deus), Reino Unido 2017, V.O. subtitulada castelán.

Esta película, dirixida por Francis Lee, estivo nominada como mellor film británico nos Premios Bafta e gañou diversos premios en outros festivais de cine.

Por tratarse dunha sesión especial, o día da proxección será diferente a habitual, será un martes e contará coa presenza do profesor Alfonso Castaño Hernández para o coloquio posterior.

Entrada de balde.


Está pasando!