Actividades de lecer e tempo libre en Ribadumia

mar01setConsultarmér30xuñActividades de lecer e tempo libre en Ribadumiamáis de 50 propostas para o curso 2026/2027(Consultar) Concello de Ribadumia - Ribadumia

Detalles do Evento

O Concello de Ribadumia oferta máis de 50 actividades para o curso 2026/2027, con propostas municipais e de distintas asociacións.

O prazo de inscrición nas actividades municipais abrirá o 14 de setembro ás 08:00 horas, cunha programación que reúne propostas de carácter deportivo, cultural, formativo e creativo para diferentes idades e intereses.

A oferta inclúe opcións para diferentes idades e intereses, con actividades deportivas e de actividade física, baile, idiomas, informática, lóxica e matemáticas, patinaxe ou pilates, xunto con outras propostas culturais, creativas e formativas como pintura, teatro, cociña, talleres de memoria, cestería, arte floral, elaboración de velas artesanais ou patronaxe e confección de prendas, entre outras.

No caso das actividades municipais, o prazo de inscrición ábrese o luns 14 de setembro ás 08:00 horas. As prazas son limitadas e a adxudicación realizarase por orde de entrada das solicitudes.

As persoas interesadas poderán formalizar a inscrición de maneira presencial nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica, presentando o formulario correspondente xunto coa documentación requirida. Será necesario achegar copia do DNI e certificado da conta bancaria e, no caso das actividades de ximnasia e mantemento do Club Sénior, tamén copia da tarxeta sanitaria.

As actividades están previstas para comezar na primeira semana de outubro, sempre que se forme o grupo mínimo de asistentes.

O Concello de Ribadumia impulsa cada ano esta programación co obxectivo de ofrecer unha proposta ampla e variada, adaptada a diferentes idades, intereses e afeccións. O interese por estas actividades esténdese ademais máis alá do propio municipio, con participación tanto de veciños e veciñas de Ribadumia como de persoas procedentes de concellos da contorna.

Toda a información sobre as propostas incluídas na programación, así como horarios, espazos, cotas e prazos de inscrición, pode consultarse na Axenda de actividades municipais e doutras entidades 2026/2027, dispoñible en na páxina web ribadumia.org, nas oficinas municipais e nas redes sociais.

Hora

Setembro 1 (Martes) - Xuño 30 (Mércores)

Localización

Concello de Ribadumia

Está pasando!