‘Aquí Cántase 2025’ | Maravallada

‘Aquí Cántase 2026’ en Pontevedra

ven07agoConsultar‘Aquí Cántase 2026’ en Pontevedracanto colectivo nas prazas do centro histórico (Consultar: venres) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O vindeiro 7 de agosto, a tradición e o canto colectivo volverán tomar as prazas do centro da Boa Vila nunha xornada que sempre deixa imaxes espectaculares e intres emocionantes, movéndose dacabalo entre a cultura popular e as cancións interxeracionais.

Ao longo dos últimos, a iniciativa promovida polo Concello de Pontevedra logrou situarse como un auténtico éxito no referido ao número de xente que logra xuntar, pois son milleiros de persoas as que enchen prazas da cidade, coma o Teucro ou Curros Enríquez; xerándose unha peregrinación espontánea de xente por todo o centro durante as 20 cancións que dura o repertorio.

Da man do grupo de música tradicional Maravallada, ‘Aquí Cántase’ funcionará como un preludio fantástico e popular da Semana Grande das Festas da Peregrina, que este ano vivirán o seu inicio o 8 de agosto.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!