Amandine Beyer | © Óscar Vázquez

Concerto da Real Filharmonia de Galicia en Vigo

xov15mai20:00Concerto da Real Filharmonia de Galicia en VigoTEMPADA DE ABONOS DE CLÁSICA DO TEATRO AFUNDACIÓN EN VIGO20:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

O 15 de maio, enmarcado na Tempada de Abonos de Clásica Afundación, a Real Filharmonía de Galicia volve ao Teatro Afundación de Vigo en compaña da violinista Amandine Beyer e do percusionista Juanjo Guillén.

Beyer, artista residente este ano na RFG, compartirá ademais a dirección do concerto con Baldur Brönnimann. Interpretarán obras do húngaro Peter Eötvös (1944 – 2024), do compositor barroco inglés Henry Purcell (1659 – 1695), e do alemán Johann Sebastian Bach (1685–1750).

  • Baldur Brönnimann, director
  • Amandine Beyer, directora e violín
  • Juanjo Guillén, percusión

Coa participación do alumnado da EAEM.

A artista en residencia Amandine Beyer e Baldur Brönnimann propoñen un concerto cativador, que funde o Barroco e o século XXI a través das sutís evocacións que unen as obras do programa.

Comeza cos sons tempestuosos e teatrais, cheos de brillo rítmico de ‘Curtain Tune on a Ground’ de Purcell, que dan paso a unha obra dunha dramaturxia hipnótica, composta en 2013 por Peter Eötvös, un compositor maxistral, fascinado pola música histórica. En ‘Speaking Drums’ a percusión apodérase da escena para falar, literalmente, co conxunto da orquestra, dun xeito moi teatral.

O diálogo transfórmase en loita na ‘Suite da ópera King Arthur’, na que Purcell se centrou máis no transfondo guerreiro da lenda artúrica que no máxico. Bach, a quen cita Eötvös na súa partitura, virá a rebaixar a tensión musical, coa terceira da súas catro suites para orquestra, á que pertence a celebérrima Aria. A suite ábrese cunha fanfarra de fulgor afrancesado que inicia o camiño para unha fuga de gran densidade, característica do xenio do Cantor de Leipzig.

(EN) FOCO

I

Henry Purcell (1659-1695)
Curtain Tune on a Ground

Peter Eötvös (1944-2024)
Speaking Drums

II

Henry Purcell (1659-1695)
King Arthur (Suite)

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Suite para orquestra núm. 3 en Re maior, BWV 1068

Os novos abonos poden mercarse ata o 29 de decembro en Ataquilla.com. A partir do día 30 de decembro estarán dispoñibles as entradas sen abono.

Este concerto fai parte do programa solidario Cultura por Alimentos, unha proposta en colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos, para axudar os bancos de alimentos locais. Trae a túa doazón de alimentos non perecedoiros. Grazas por apoiar os proxectos sociais!

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!