Concerto de De Vacas en Pontevedra

sáb15ago22:30Concerto de De Vacas en PontevedraFestas da Peregrina 202622:30 Praza de España - Pontevedra

Detalles do Evento

O grupo galego De Vacas actuará o sábado 15 de agosto, ás 22.30 horas na Praza de España. Un concerto, con estrada de balde, titulado ‘Vacanal Sinfónica’ que forma parte das Festas da Peregrina 2026.

Inés Salvado, Paula Romero, Faia Díaz e Guillerme Fernández presentan unha proposta de gran formato que revisa a historia musical da banda nunha clave operística e sinfónica creada para a ocasión.

O concerto contará con arranxos e dirección musical do compositor Lucas Rei, a participación do Coro da Ra baixo a dirección de Ramón Bermejo, a da orquestra creada especificamente para este proxecto –e conformada por María José Pámpano, Elena Vázquez, Carmen Gallego, Macarena Montesinos, Benxamín Otero, Pablo Pascual, Claudia Carballo e Roberto Rama– e cunha posta en escena a cargo d’As dúas e punto. 

Co seu característico estilo vocal e humorístico, De Vacas promete unha noite chea de diversión e música nun dos momentos centrais das festividades. A agrupación é coñecida pola súa habilidade para fusionar a música e o humor, creando unha experiencia única para o público.

Hora

(Sábado) 22:30

Localización

Praza de España

Praza de España, 1 36002 Pontevedra

Está pasando!