This is a repeating event

Festas da Peregrina 2026

mér12agoConsultarFestas da Peregrina 2026dO 7 AO 17 DE AGOSTO DE 2026(Consultar: mércores) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Durante once días, a cidade de Pontevedra celebrará a festa na honra á Patroa da provincia, a Virxe da Peregrina, con multitude de actividades lúdico-festivas nas rúas e prazas da Boa Vila, alén dos tradicionais actos litúrxicos.

A programación das Festas da Peregrina 2026, que terán lugar do venres 7 ao luns 17 de agosto, é a seguinte:

VENRES 7

  • 18 h. Apertura do recinto feiral

SÁBADO 8

  • 12 h. Lectura do pregón a cargo do xornalista e comisario de arte Ramón Rozas, desde a balconada da casa do concello. Praza de España. Foguete de inicio das festas
  • 13 h. Pasarrúas percorrendo Michelena e praza da Peregrina a cargo das agrupacións folclóricas Turoqva, Os de Algures, Duos Pontes, Pola Vila e Celme para a ofenda floral
  • 13.15 h. Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral desde a praza de España pola rúa de Michelena ata o santuario da Virxe Peregrina
  • 13.30 h. Pasarrúas a cargo da charanga OT
  • 13.45 h. Actuación nas prazas do centro histórico das agrupacións folclóricas Turoqva, Os de Algures, Duos Pontes, Pola Vila e Celme para a ofenda floral
  • 19 h. Actuación nas prazas da cidade do grupo Os Alegres
  • 21 h. Actuación de BenQuerer, Fran Sieira báilalle a Caamaño&Ameixeiras, de Fran Sieira Compañía de Danza. Praza da Ferraría
  • 22:30 h. Concerto de M-Clan. Praza de España
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra Atracción Cabaret
  • 24 h. Fogos de artificio entre a Ponte do Burgo e a ponte de Santiago

DOMINGO 9

  • 12 h. Misa pontifical no santuario da Virxe Peregrina
  • 12 h. Pasarrúas a cargo da charanga OT polo barrio do Gorgullón e avenida de Vigo
  • 12 h. Actuación nas prazas da cidade do grupo Veira do Río
  • 12.30 h. Actuación do grupo Os Alegres polo barrio de Rosalía de Castro e Campolongo
  • 18 h. Pasarrúas a cargo da charanga OT
  • 21 h. Procesión da Virxe Peregrina e danza gremial de cintas, século XVIII. Praza da Peregrina
  • 22 h. Concerto de Alana. Praza da Ferraría
  • 22.30 h. Concerto de La Casa Azul. Praza de España. Alana
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos co Grupo Talismán

LUNS 10

  • 11.45 h. Actuación do grupo Os de Algures nas prazas e rúas da cidade
  • 12 h. Pasarrúas a cargo da charanga OT polo barrio de San Antoniño e Santa Clara
  • 19 h. Actuación do grupo Os de Algures polo barrio de Campolongo e Rosalía de Castro
  • 19 h. Pasarrúas a cargo da charanga OT
  • 19.30 h. Concerto infantil Xavi Lozano. ‘Tubos do mundo’. Praza de Arturo Souto
  • 21 h. Concerto de La Edad de Oro del Pop Español. Praza da Ferraría
  • 22 h. Concerto de C Marí e D.Valentino. Praza de España
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos co Grupo Florida Band

MARTES 11

  • 11.30 h. Pasarrúas a cargo da charanga Mil9 polo barrio de San Roque, praza de Concepción Arenal
  • 12 h. Actuación do grupo de gaitas da asociación Duos Pontes
  • 12.30 h. Actuación do grupo Pousos da Area polo barrio do Burgo
  • 18.30 h. Actuación a cargo da charanga Mil9
  • 19 h. Actuación do grupo Duos Pontes
  • 19.30 h. Teatro infantil. Inventi Teatro. ‘Tachán!’ Praza de Arturo Souto
  • 21 h. Gala de circo. Orquestra de Malavares coa Banda de Música de Salcedo e Pistacatro
  • 22.30 h. Concerto de Los 40 Sesións. Praza de España
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra Alabama

MÉRCORES 12

  • 11.15 h. Actuación do grupo Gaiteiros das Rías Baixas polas prazas e rúas da cidade
  • 12 h. Pasarrúas a cargo da charanga Mil9, polo barrio da Parda
  • 19 h. Actuación nas prazas da cidade do grupo Os Alegres
  • 19 h. Pasarrúas a cargo da charanga Mil9
  • De 19.33 a 21.23 h. Momento máximo ás 20.30 h. 99,58% eclipse solar. Este día, Pontevedra vivirá un momento único: unha impresionante eclipse solar case total será visible desde Pontevedra, onde a Lúa cubrirá arredor do 99 % do Sol ao solpor. Para máis información consulta pontevedra.gal/eclipse. Para ver a eclipse con seguridade, utiliza sempre filtros solares homologados, como as lentes incluídas neste programa, ou sistemas de proxección. Le atentamente as advertencias da última páxina antes da observación e goza dun evento único e inesquecíbel.
  • 20 h. Charanga Boavila. ‘Hei de volvere’. Praza da Peregrina e praza do Teucro
  • 21 h. Concerto Bravú Bandástico coa Banda de Música de Pontevedra & Antón Díaz dos Papaqueixos e da Orquestra Bravú Xangai, María do Vinculeiro de Brassica Rapa, Rafa do Caimán do Río Tea, Xurxo Souto dos Diplomáticos de Monte-Alto. Praza da Ferraría
  • 22.30 h. Concerto de Sidecars. Praza de España
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos co Grupo Nueva Fuerza

XOVES 13

  • 11.30 h. Actuación do grupo Rías Baixas
  • 12 h. Pasarrúas a cargo da charanga Mil9. Barrio de San Antoniño, Cruz Vermella e Santa Clara
  • 19 h. Batalla de Flores. Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac e Padre Amoedo
  • 21 h Concerto. ‘Érase outra vez. O musical’. Praza de España
  • 22.30 h. Espectáculo ‘PONTEaRIR’. Con Carlos Blanco, Touriñán,Leti da Taberna e Luís Davila Praza da Ferraría
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra La Travesía

VENRES 14

  • 12 h. Actuación do grupo Duos Pontes polo barrio do Gorgullón e avenida de Vigo
  • 12 h. Pasarrúas a cargo da charanga Charandonga
  • 18.30 h. Actuación do grupo Gaiteiros Os de Algures polo barrio de Campolongo e Rosalía de Castro
  • 19 h. Pasarrúas a cargo da charanga Charandonga
  • 19.30 h. Pasarrúas dos Fervellos do Pío polo barrio da Parda
  • 19.30 h. Contacontos infantil. Erea Mora. ‘Lideiras dunha vaca’. Praza Arturo Souto
  • 20 h. Charanga Boavila.’ Hei de volvere’. Praza de Curros Enríquez e praza da Verdura
  • 21 h. Concerto da Orquestra Sinfónica de Pontevedra. ‘Ponte Rock Sinfónico’. Praza da Ferraría
  • 22.30 h. Concerto de Miguel Ríos. Praza de España
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos co Grupo Rubí de Vigo

SÁBADO 15

  • 10 h. Escola de Xadrez Pontevedra. Partidas simultáneas de xadrez. Avenida de Santa María
  • 12 h. Actuación do grupo Rías Baixas
  • 12.30 h. Misa solemne e procesión de Santa María. Avenida de Santa María
  • 12.30 h. Actuación do grupo Veira do Río polo barrio de Santa María
  • 17 h. Xogos populares. Avenida de Santa María
  • 18.30 h. Actuación do grupo Gaiteiros Os de Algures
  • 19 h. Pasarrúas a cargo da charanga Charandonga
  • 19 h. Concerto da Banda de Música de Salcedo
  • 19.30 h. Teatro infantil. Ghazafelhos
  • 20 h. Charanga Boavila. ‘Hei de volvere’. Rúas de Daniel de la Sota e da Serra
  • 21 h. Festival de corais. Coral Alameda do Fogar do Maior, Coral Bella Helenes, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo, Coral Airiños de Campañó e Coral Pontis Veteris. Praza da Ferraría
  • 22.30 h. Concerto de De Vacas. ‘Vacanal sinfónica’. Praza de España
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra D´Crisis
  • 23 h. Verbena coa orquestra Soprano. Praza do Gremio de Mareantes
  • 24 h. Espectáculo pirotécnico. Entre a Ponte do Burgo e a ponte de Santiago

DOMINGO 16

  • 11.30 h. Pasarrúas a cargo de Gaiteiros Os Alegres
  • 12.15 h. Pasarrúas a cargo da charanga Charandonga polo barrio de Campolongo
  • 13 h. Pasarrúas a cargo dos Fervellos do Pío polo barrio de San Roque e Concepción Arenal
  • 18 h. Pasarrúas a cargo da charanga Charandonga
  • 19 h. Pasarrúas a cargo do grupo Fervellos do Pío
  • 19.30 h. Maxia infantil. Xavier Muro. ‘É cousa de maxia’. Praza de Arturo Souto
  • 20 h. Misa solemne na Basílica de Santa María e procesión de San Roque, Prudencio Landín, Mestranza, Echegaray, paseo de Colón e Capela de San Roque. Madamitas
  • 21 h. Gala Internacional de Ilusionismo. ‘Pontemaxia’. Maga Melanie, Joshua Kenneth, Román García e Pedro Volta. Praza da Ferraría
  • 22.30 h. Concerto de Pastora Soler. Praza de España
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra Pekados
  • 24 h. Espectáculo pirotécnico. Entre a Ponte do Burgo e a ponte de Santiago

LUNS 17

  • 18 h. Día infantil nas atraccións de feira
  • 19 h. Aquí Báilase: Obradoiro de baile organizado en colaboración coa asociación cultural Trepia. Paza da Ferraría
  • 21 h. Aquí Báilase: Concerto de pandereteiras e mura do O.C.T. Ultreia. Praza da Ferraría

Hora

Consultar (Mércores)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!