O dúo Abril será un dos protagonistas desta edición de ‘Música para reCREAr’ | @fotomatong

Concerto do dúo Abril en Pontevedra

xov12nov20:30Concerto do dúo Abril en Pontevedraciclo ‘Música para reCREAr’20:30 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo ‘Música para reCREAr’, que a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración.

Trátase dunha actuación con entrada de balde e apertura de portas ás 20.00 horas, que enmarcan na nova edición dun ciclo protagonizado por grupos emerxentes e pola música feita en Galicia.

‘Música para reCREAr’ insírese no obxectivo da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra de desenvolver unha programación aberta a toda a cidadanía e de dar visibilidade ao papel que xoga a cultura no proxecto de especialización Campus Crea.

O xoves 12 de novembro, chegará a quenda de coñecer o proxecto musical que impulsan Claudia Abril, á voz e pandeireta, e Marina Carpente, ao violín.

Presentada como “unha das propostas emerxentes máis destacadas do folk contemporáneo”, o dúo Abril presentaba neste 2026 o seu primeiro disco, ‘Medrar’, co que foron recoñecidas co Premio Martín Códax ao mellor proxecto folk.

“Abril é tradición renovada, sons de raíz en harmonía co presente”, sinala o texto de presentación desta formación.

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!