Visitas guiadas en italiano á exposición 'Dante. Dalí' en Vigo

xov01outConsultardom15novVisitas guiadas en italiano á exposición 'Dante. Dalí' en Vigoa cargo de voluntarios da Società Dante Alighieri Vigo(Consultar) Museo do Mar de Galicia - Vigo

Detalles do Evento

Descubre a particular visión de Salvador Dalí de ‘A Divina Comedia’ de Dante Alighieri nunha visita guiada en italiano á exposición temporal ‘Dante. Dalí’, a cargo de voluntarios da Società Dante Alighieri Vigo.

Todos os martes ás 17:00 horas e sábados ás 12:00 horas, cunha duración de 45 minutos e un grupo mínimo de 5 persoas.

Reserva previa obrigatoria, mínimo 2 días antes, chamando ao teléfono 986 247 750.

A EXPOSICIÓN

Dante Alighieri e Salvador Dalí chegan ao Museo do Mar de Galicia da man da Società Dante Alighieri de Vigo, o Museo do Gravado de Artes de Ribeira e do Fondo Histórico da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta nova exposición temporal reúne os gravados cos que Dalí reinterpretou ‘A Divina Comedia’ e unha selección de edicións históricas da obra, algunhas, auténticas xoias bibliográficas, como un incunable de 1481.

Aínda que máis de seis séculos separan a Dante Alighieri de Salvador Dalí, ambos comparten a capacidade de transformar a imaxinación en visión, algo do que seremos testemuñas grazas a esta nova exposición temporal que reúne os gravados cos que Dalí reinterpretou ‘A Divina Comedia’ e unha selección de edicións históricas da obra, algunhas auténticas xoias bibliográficas, como un incunable de 1481.

A mostra segue a estrutura de ‘A Divina Comedia’. Comeza polo espazo dedicado ao inferno, integrado por 34 gravados. Continúa co purgatorio, con 33 obras, e complétase co paraíso co mesmo número de gravados. Deste xeito, a disposición permite seguir o percorrido narrativo do libro de Dante.

Ademais, a exposición rende unha homenaxe especial a Darío Xohán Cabana, figura fundamental da literatura galega, quen, entre outras obras, traduciu ‘A Divina Comedia’ de Dante Alighieri ao galego.

Visitable do 1 de outubro ao 15 de novembro, na sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia.

Hora

Outubro 1 (Xoves) - Novembro 15 (Domingo)

Localización

Museo do Mar de Galicia

Avda. Atlántida, 160, 36208 Vigo

Está pasando!