Cursos da Aula CeMIT de Poio en decembro

mar01decConsultarxov24decCursos da Aula CeMIT de Poio en decembroCentros para a modernización e Inclusión Tecnolóxica(Consultar) Aula Cemit de Poio - Poio

Detalles do Evento

A Aula Cemit de Poio organiza para o mes de decembro nove novos cursos de habilidades dixitais coas que continuar ampliando a súa oferta formativa.

Todas as actividades son gratuítas, e as inscricións para participar xa están abertas a través da páxina web cemit.xunta.gal, no correo cemit.poio@xunta.gal ou na propia aula situada en Combarro.

Ademais, calquera usuario que o desexe pode facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula a través da Aula Aberta, sempre con cita previa e en horario de luns a venres, entre as 15:00 e as 16:30 horas.

As asociacións e colectivos locais teñen tamén a opción de poder reservar a utilización dos ordenadores para a realización de actividades.

As instalacións estarán pechadas por vacacións do xoves 24 de decembro de 2026 ao mércores 6 de xaneiro de 2027.

CURSO DE MEMORIA

  • Datas: Do 7 ao 21 de decembro
  • Horario: Todos os luns de 16:30 a 18:00 horas
  • Prazo: Todo o ano
  • Requisitos: Ser maior de 60 anos

MÓBIL: APRENDE A USAR O CALENDARIO

  • Datas: 1 e 2 de decembro
  • Horario: Luns 1 e martes 2 de decembro, de 10:00 a 11:30 horas
  • Requisitos: Ser maior de 55 anos (menores autorización por escrito)

FOLLAS DE CÁLCULO EN LIBREOFFICE CALC

  • Datas: Do 1 ao 4 de decembro
  • Horario: 18:00 a 19:30 horas
  • Requisitos: Ser maior de 14 anos (menores autorización por escrito)

INFORMÁTICA BÁSICA

  • Datas: Do 7 ao 11 de decembro
  • Horario: 10:00 a 11:30 horas
  • Requisitos: Ser maior de 14 anos (menores autorización por escrito)

PRESENTACIÓNS CON LIBREOFFICE IMPRESS

  • Datas: Do 9 ao 11 de decembro
  • Horario: 16:30 a 18:00 horas
  • Requisitos: Ser maior de 14 anos (menores autorización por escrito)

PROGRAMACIÓN CON SCRATCH

  • Datas: Do 7 ao 11 de decembro
  • Horario: 18:00 a 19:30 horas
  • Requisitos: Ser maior de 14 anos (menores autorización por escrito)

CIBERSEGURIDADE

  • Datas: Do 14 ao 18 de decembro
  • Horario: 11:00 a 12:30 horas
  • Requisitos: Ser maior de 14 anos (menores autorización por escrito)

ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

  • Prazo: 21 e 22 de decembro
  • Horario: 11:00 a 12:30 horas
  • Requisitos: Ser maior de 14 anos (menores autorización por escrito)

PROBA CURSOS EMA

  • Datas: Mércores 23 de decembro
  • Horario: 09:30 a 11:00 horas
  • Prazo: Ata o martes 22 de decembro
  • Requisitos: Para poder presentarse a estas probas debe solicitarse dende o curso online na propia páxina da plataforma EMA e superar dito curso.

Hora

decembro 1 (Martes) - 24 (Xoves)

Localización

Aula Cemit de Poio

Carreiro do Campo, 17 Combarro 36993 Poio

Está pasando!