Descubre Moaña no verán: 'Poza da Moura de Domaio'

dom21ago10:00Descubre Moaña no verán: 'Poza da Moura de Domaio'Rutas guiadas gratuítas por moaña10:00 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

Partiremos dende o Parque do Souto das Camelias. Alí a Asociación de Mulleres Poza da Moura encárgase do coidado de máis de 100 variedades diferentes de camelias, que dende 2006 son as protagonistas da Exposición das Camelias que se organiza cada ano en Domaio.

Continuaremos o noso camiño subindo á beira do Río da Freixa que coa súa vexetación constitúe bo un exemplo do que sería un bosque de ribeira. Atoparemos unha gran cantidade de muíños que agora están abandonados e miraremos ao pasado para recordar o seu importante papel no desenvolvemento económico, social e demográfico da zona.

Voltaremos ao presente para reflexionar sobre o impacto da construción do Corredor do Morrazo actualmente convertido en Autovía, sobre esta fermosa ruta.

Como premio ao noso esforzo chegaremos á mítica Poza da Moura de Domaio que se converteu nos últimos anos nun lugar moi visitado pola súa beleza, encanto e historia.

Descubre Moaña no verán

Neste programa de rutas, organizado por A Illa dos Ratos en colaboración co Concello de Moaña, os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña.

As rutas que se levarán a cabo serán ‘A Moaña mariñeira’, ‘Canteiras do litoral de Moaña’, ‘San Martiño’, ‘Sendeiro da Fraga’, ‘Sendeiro de Rialdarca’, ‘Intermareal de Tirán’, e ‘Literaria – O último barco’ e a gran novidade desta tempada,“A Poza da Moura de Domaio“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio hai un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaranse as correspondentes listas de espera.


Hora

(Domingo) 10:00

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!