Edugal 2026 en Pontevedra

xov22out10:00Edugal 2026 en Pontevedra15ª Salón da Educación e da Formación de Galicia10:00 Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Recinto Feiral de Pontevedra acollerá os vindeiros 21, 22 e 23 de outubro a 15ª edición do Salón da Educación e da Formación de Galicia, Edugal 2026. 

O evento consolídase como unha data de referencia na cidade pola cantidade de centros escolares que se achegan cada ano a visitalo.

Edugal é o punto de encontro de alumnado e estudantes potenciais, en especial estudantes que estean finalizando a ESO, Bacharelato ou Ciclos formativos. Profesionais do ensino, centros educativos, formadores para o emprego, empresas do sector, público xeral interesado en charlas formativas e información sobre formación e emprego.

O Salón da oferta de educación e formación de Galicia, Edugal, está organizado por Aempe e o Concello de Pontevedra, coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Consello Social da Universidade de Vigo e Pazo da Cultura de Pontevedra.

Para facilitar a participación dos centros educativos, a organización pon ao seu dispor a opción de organizar visitas colectivas dirixidas ao alumnado, que deberá asistir acompañado por un docente ou titor responsable.

O salón permanecerá aberta o mércores e o xoves, de 10.00 a 18.00 horas, e o venres, de 10.00 a 14.00 horas. O acceso será gratuíto e estará aberto a todo o público.

Hora

(Xoves) 10:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!