Exposición 'A nosa pequena vila' en Redondela

xov13agoConsultarmar15setExposición 'A nosa pequena vila' en RedondelaMaquetas de Gene Muíños Reboredo(Consultar) Multiusos da Xunqueira - Redondela

Detalles do Evento

O Concello de Redondela acolle a segunda edición da exposición de maquetas ‘A nosa pequena vila’, unha mostra artística realizada polo veciño e creador Gene Muíños Reboredo.

Esta nova exposición dá continuidade á primeira edición celebrada con grande éxito en agosto de 2023, ampliando agora a colección con pezas inéditas e novas recreacións de edificios emblemáticos do municipio. Son en total máis de 100 maquetas que recollen a vila de Redondela.

A exposición abrirá as súas portas o vindeiro xoves 13 de agosto ás 20.00 horas no Multiusos da Xunqueira, onde permanecerá ata o 15 de setembro. A través desta colección ampliada de pezas a escala (1,5:100), os visitantes poderán realizar un percorrido visual máis completo polas construcións senlleiras do municipio.

Os edificios están plasmados con gran realismo, rigor e precisión artesanal e as maquetas contan con todo luxo de detalles, incluído o mobiliario urbano ou esculturas.

Dende o Goberno local convídase a toda a veciñanza e visitantes a achegarse ao Multiusos para descubrir estas novas incorporacións, poñer en valor a memoria de Redondela e apoiar o talento dos creadores locais.

Hora

Agosto 13 (Xoves) - Setembro 15 (Martes)

Localización

Multiusos da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!