Exposición 'Oroza camiñante (1923-2026)' en Vigo

lun02novConsultarven04decExposición 'Oroza camiñante (1923-2026)' en VigoDeputación de Pontevedra e Asociación Évame Oroza(Consultar) Sede de Vigo. Deputación de Pontevedra - Vigo

Detalles do Evento

A Deputación de Pontevedra e a asociación Évame Oroza, cuxo obxectivo é manter viva a obra e a figura de Carlos Oroza, organizan ‘Oroza camiñante (1923-2026)’, unha exposición sobre o poeta tan ligado a Vigo nos seus últimos anos.

O contido dos paneis alterna imaxes extraídas do extenso álbum persoal deste, algunhas cedidas pola Fundación Novoneyra ou por artistas que conviviron con el, con outros nos que os textos se suman á parte visual para narrar a biografía e traxectoria de Oroza.

A través destes paneis, pódese percorrer a súa peripecia vital e literaria, así como as conexións cos lugares e coas creadoras e creadores da súa xeración.

Do 2 de novembro ao 4 de decembro de 2026 na Sede da Deputación en Vigo.

Horario de visita: de luns a venres, de 9.00 a 20.30 horas.

Hora

Novembro 2 (Luns) - Decembro 4 (Venres)

Localización

Sede de Vigo. Deputación de Pontevedra

Rúa Eduardo Chao, 17, 36202 Vigo

Está pasando!