‘Feminíssimas’ | © De Ste Xeito Producciones

'Feminíssimas' de De Ste Xeito Producións en Redondela

dom22nov19:30'Feminíssimas' de De Ste Xeito Producións en Redondela II Ciclo de Teatro Mestra Paulina19:30 Auditorio da Xunqueira - Redondela

Detalles do Evento

Dentro da programación do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Redondela, baixo o lema ‘Game Over. A violencia machista non é un xogo’, convídanos a gozar de propostas escénicas con perspectiva de xénero para reflexionar e concienciar a través da cultura.

O domingo 22 de novembro, ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira, a compañía De Ste Xeito Producións pechará a segunda edición do Ciclo de Teatro Mestra Paulina coa posta en escena a obra ‘Feminíssimas’.

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Este é o punto de partida desta creación de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.

Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Hora

(Domingo) 19:30

Localización

Auditorio da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!