This is a repeating event

'A volta ao alfabeto en 23 fotos', con Xaime Fandiño en Pontevedra

ven23out17:30'A volta ao alfabeto en 23 fotos', con Xaime Fandiño en PontevedraApego no outono 202617:30 A Cova dos Libros Fantásticos - Pontevedra

Detalles do Evento

Taller de creación dun libro fotográfico infantil con Xaime Fandiño, para familias con crianzas a partir de 3 anos.

As familias participantes fotografarán obxectos coa idea de recoller imaxes que sirvan para construír o seu primeiro alfabeto visual.

Durante dúas sesións, descubrirán como as imaxes serven para nomear, clasificar e contar historias.

A primeira parte céntrase na realización de fotografías de obxectos, formas e elementos dispostos polo espazo; na segunda parte utilizaranse as fotos obtidas para construír un libro colectivo que asocie unha imaxe a cada letra.

Os venres 16 e 23 de outubro, de 17.30 a 18.30 horas, na Cova dos Libros Fantásticos do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Todas as actividades do programa Apego son de balde, mais cómpre inscribirse previamente en apuntate.pontevedra.gal porque as prazas son limitadas.

Hora

(Venres) 17:30

Localización

A Cova dos Libros Fantásticos

Biblioteca de Pazo da Cultura - Rúa de Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!