III Andaina 'Valle Inclán' entre Redondela e Soutomaior

dom13set09:00III Andaina 'Valle Inclán' entre Redondela e SoutomaiorPazo de Reboraina - Castelo de Soutomaior09:00 Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

O domingo 13 de setembro chega unha nova edición da Andaina Popular ‘Valle Inclán’, unha oportunidade para desfrutar da contorna e compartir unha xornada de deporte e natureza.

Percorrido de 12 km. cunha duración aproximada de 4 horas (dificultade media).

Un plan perfecto para percorrer os camiños que unen Soutomaior e Redondela e que forman parte da historia de Valle Inclán.

Saída ás 09:00 horas desde o Pazo da Reboraina (Reboreda) e volta en autobús desde o Castelo de Soutomaior ata o punto de partida.

Inscricións do 1 ao 10 de setembro en soutomaior.gal. Prazas limitadas a 160 persoas.

Hora

(Domingo) 09:00

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!