‘Bernarda’ | Malasombra Producións

Malasombra Producións presenta 'Bernarda' en Pontevedra

ven27nov20:30Malasombra Producións presenta 'Bernarda' en PontevedraTempada de Abono Teatro Afundación20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Bernarda’, escrita e dirixida por José Prieto e protagonizada por Luisa Merelas, Celia González e Paula Pier, chega a Pontevedra dentro da Tempada de Teatro de Afundación.

A obra é un retrato íntimo de dúas xeracións de mulleres galegas durante os primeiros anos da transición española, desde o espazo pechado dunha casa nunha pequena vila de Galicia.

1975. Bernarda queda viúva o mesmo día da morte de Franco. Vive coas súas dúas fillas, novas e xemelgas. Decreta un loito rigoroso que se alongará dous anos: nin televisión, nin radio, nin revistas. Durante ese tempo, só poderán saír de casa para ir á igrexa, á tenda ou ao cemiterio. As contras deberán permanecer sempre pechadas.

Fóra, a sociedade comeza a cambiar. Dentro, Bernarda fai todo o posible para que eses cambios non entren na súa casa. Arredor dese pulso, a obra abre preguntas sobre a autoridade, a liberdade e a herdanza que pasa de nais a fillas.

«XXIV Premios María Casares ao mellor espectáculo e texto orixinal, á mellor dirección e á mellor actriz secundaria, Celia González».

70 min | galego | 14 NRM

Entradas anticipadas á venda dende 18,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!