Novas vellas melodías con Pablo Díaz

ven08out18:00Novas vellas melodías con Pablo DíazConcerto para público familiar18:00 Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola - Pontevedra

Detalles do Evento

Concerto de 50 minutos no que Pablo Díaz e o guitarrista Rubén Barros farán un percorrido polas cancións máis populares dos seis traballos de Pablo, empezando polos temas do último traballo ‘Coas miñas mans’ ata chegar aos máis famosos e coñecidos ‘O reloxo de Alberte’, ‘O moucho chosco’, etc.

Asimesmo, Pablo e Rubén incorporarán temás inéditos que por primeira vez se tocarían en público neste espectáculo.

Para público familiar, a partir de 6 anos, no salón de actos da biblioteca.

Con inscrición previa a partir do 29 de setembro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca. En dito formulario, a persoa que inscribe pode indicar o número de convivintes que van acudir (ata 5 máximo).

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Rúa Alfonso XIII, 3, 36002 Pontevedra

Está pasando!