‘O Monstro de Cores’ | A Xanela do Maxín

‘O Monstro de Cores’, de A Xanela do Maxín en Pontevedra

dom15nov18:30‘O Monstro de Cores’, de A Xanela do Maxín en PontevedraDomingos do Principal 202618:30 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

A compañía galega A Xanela do Maxín pechará o ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal coa representación da obra ‘O Monstro de Cores’.

Monstro de Cores espertou algo confundido: todas as súas emocións mesturáronse e agora non sabe que lle pasa. Para poñer orde neste caos, contará coa axuda da súa amiga, unha nena chea de curiosidade e ganas de axudar.

Monstro e nena vivirán unha divertida e emocionante aventura onde aprenderán a recoñecer, nomear e expresar sentimentos como a alegría, a tristeza, o medo, a rabia e a calma.

Este espectáculo teatral, baseado no popular libro de Anna Llenas, convértese nunha viaxe chea de cores, música e xogo, onde as nenas e nenos, xunto coas familias, descubrirán que as emocións son amigas que hai que coidar e entender.

Teatro de monicreques. Público familiar a partir de 2 anos. Duración 50 min.

DOMINGOS DO PRINCIPAL

O ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal regresa cunha nova edición que se celebrará entre o 25 de outubro e o 15 de novembro. 

Nesta ocasión, por mor do cambio de localización desde o Teatro Principal ao Auditorio do Pazo da Cultura, todas as funcións terán un pase único ás 18:30 horas.

A carteleira deste ano reúne tres espectáculos a cargo dunha compañía procedente de Salamanca e dúas compañías galegas. Amais, o primeiro dos espectáculos, contará cun pase matinal o luns 26 de outubro, concertado con escolares de primaria.

DOMINGO 25 DE OUTUBRO

  • ‘Bichitos’, de Spasmo Teatro (Salamanca)

DOMINGO 8 DE NOVEMBRO

  • ‘O Libro da Selva. O musical’, de Ártika Cía (Galiza)

DOMINGO 15 DE NOVEMBRO

  • ‘O Monstro de Cores’, de A xanela do maxín (Galiza)

Xa están á venda en Ataquilla.com as entradas para cada un dos espectáculos a un prezo de 4 euros e tamén o formato abono a un prezo de 9 euros. A venda de abonos é exclusiva en liña.

As entradas contarán con venda física na billeteira do auditorio 1 hora antes de cada pase de non esgotarse na venda anticipada.

É preciso que todas as persoas asistentes conten cunha entrada independentemente da súa idade.

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!