Obradoiros ‘Xogando coa arte’ en Pontevedra

lun05outConsultarxov31decObradoiros ‘Xogando coa arte’ en PontevedraImpartidos por Migallas Teatro(Consultar) Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

Aínda quedan algunhas prazas libres nos grupos seguintes dos obradoiros de expresión dramática, plástica e musical ‘Xogando coa arte’ que comezarán proximamente no Pazo da Cultura de Pontevedra:

Taller 1: de 8 a 11 anos

  • Os luns de 18.00 a 19.30 h
  • Número de participantes: 25
  • Comezo: luns 5 de outubro

Taller 2: de 5 a 7 anos

  • Os mércores de 17.30 a 19.00 h
  • Número de participantes: 25
  • Comezo: mércores 14 de outubro

Taller 3: de 5 a 7 anos

  • Os xoves de 17.30 a 19.00 h
  • Número de participantes: 35
  • Comezo: xoves 15 de outubro

Os obradoiros ‘Xogando coa arte’ son impartidos por Migallas Teatro e organizados polas Concellerías de Cultura e de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra co fin de promover a expresión dramática, plástica e musical e a práctica dos xogos tradicionais entre a infancia creando espazos de socialización en galego.

Desenvólvense durante 10 sesións dunha hora e media no Pazo da Cultura de Pontevedra entre outubro e decembro de 2026.

O prezo da matrícula é de 50 euros por todo o obradoiro, co material incluído.

O prazo para inscribirse remata o día de comezo de cada obradoiro. Hai que enviar un correo a migallas@migallas.gal con estes datos:

  • Nome e apelidos do neno/a:
  • Idade:
  • Nº de taller:
  • Nome de familiar ou titor/a de contacto:
  • Número de teléfono do adulto de contacto:
  • Enderezo postal:

Como o pasado 22 de setembro xa rematou o prazo oficial de inscrición, as inscricións novas faranse por orde de recepción da solicitude.

Hora

Outubro 5 (Luns) - Decembro 31 (Xoves)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!