This is a repeating event

Gran Triatlón do Comercio da Zona Monumental de Pontevedra

xov13agoConsultarGran Triatlón do Comercio da Zona Monumental de PontevedraDo 11 ao 14 de agosto de 2026(Consultar: xoves) Centro Histórico de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Do 11 ao 14 de agosto, o Casco Histórico de Pontevedra convértese no escenario do Gran Triatlón do Comercio da Zona Monumental.

Unha xincana urbana (a pé e sen dificultade) para toda a familia con mapa do tesouro, obsequios e obradoiros creativos gratuítos para persoas adultas e nenos e nenas.

Só necesitas presentar un tique de compra de calquera importe dun comercio da Zona Monumental para participar.

Reserva as datas e prepárate para descubrir o comercio local dunha forma diferente!

Máis información e normas da xincana neste enlace.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Centro Histórico de Pontevedra

Está pasando!