Ponteverán 2026 en Pontevedra

sáb06xuñConsultarPonteverán 2026 en Pontevedraactividades culturais e de lecer durante o verán(Consultar: sábado) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra presenta unha nova edición da iniciativa Ponteverán, que cada ano oferta actividades culturais e de lecer para cativada e mocidade durante a tempada estival. Serán desta volta 23 propostas e 619 prazas que abrirán o seu prazo de preiniscrición o vindeiro luns 1 de xuño na plataforma municipal apuntate.pontevedra.gal

O sistema de asignación de prazas non atende á orde das solicitudes, búscase que todas as persoas inscritas poidan participar dalgunha das propostas, que o reparto sexa equitativo e se é posible, evitar o sorteo. Podes atopar toda a información no web, telefónicamente ou en xuventude@pontevedra.gal e tamén solicitar citas presenciais para achegar documentación ou facer consultas”.

Ponteverán chega cunha programación pensada para diferentes franxas de idade, comezando con campamentos urbanos para os máis pequenos, entre os 8 e 12 anos, centrados no teatro, a busca de reliquias botánicas, a ecoloxía en Monte Porreiro ou a música, xunto con propostas de iniciación ao piragüismo en Ponte Sampaio e o mini campamento sobre a prehistoria e a natureza.

Para o público a partir dos 13 anos, a oferta diversifícase con obradoiros de cociña intercultural, creación de singles musicais, bordado mexicano, aulas de teatro do mundo, xardíns eternos e formación en informática centrada na navegación segura e na introdución á intelixencia artificial.

O programa complétase con actividades de aire libre e deporte, como o laboratorio de arte sonora ou rutas en caiac e paddle surf polo río Lérez, ademais de xornadas abertas a tódolos públicos que inclúen orientación urbana, dendrocronoloxía, ou observacións astronómicas en Cotobade e o Verdugo.

A primeira das actividades, o 6 de xuño, é a única que non está aberta ao público en xeral salvo que queden vacantes: Tratase dunha charla ténica destinada a observación da eclipse solar do 12 de agosto, en colaboración coa Asociación Astroómica Sirio, dirixida a mediadores sociais e monitorado tempo libre, para que poidan dirixir actividades o 12 de agosto con absoluta seguridade.

Desde a organización sublíñase a importancia do compromiso coa asistencia e a necesidade de comunicar calquera renuncia para permitir o acceso ás persoas que se atopen en lista de agarda.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!