Proxección da miniserie 'Querer' en Pontevedra

ven24xan18:00Proxección da miniserie 'Querer' en PontevedraPREMIOS FEROZ 202518:00 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

A directora Alauda Ruiz de Azúa e os actores nomeados Iván Pellicer e Miguel Bernardeau presentarán ‘Querer’, a serie con máis candidaturas aos Premios Feroz 2025 (con 7 nomeamentos) nas que se inclúen as de mellor serie dramática, mellor guión e a cinco dos seus protagonistas.

Será o venres 24 de xaneiro ás 18:00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, coa proxección de 2 capítulos e coloquio co equipo.

Sinopse: Tras 30 anos de matrimonio e dous fillos en común, Miren abandona o domicilio conxugal e denuncia ao seu marido por violación continuada. Esta grave acusación obriga aos fillos para elixir entre crer á súa nai ou apoiar a un pai que defende a súa inocencia. Unha viaxe familiar que avanza en paralelo ao xudicial cun mesmo obxectivo: coñecer a verdade.

Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 4 entradas por persoa.



A gala dos #Feroz2025 celebrarase o vindeiro sábado 25 de xaneiro en Pontevedra. En total entregaranse 21 galardóns: once de cinema, sete de series, os dous Premios Feroz Arrebato e o Premio Feroz Audi de Honra que este ano recibirá o cineasta Jaime Chávarri.

A cerimonia estará presentada por La Dani, con guión de Diego Soto e Javier Durán. Emitirase en directo ás 22:00 horas tanto pola 2 como por RTVE Play. A alfombra vermella previa poderase seguir desde a canle de Youtube oficial dos Premios Feroz.

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!