Proxección de 'Altas luces' en Vilagarcía

mér20mai20:00Proxección de 'Altas luces' en VilagarcíaCine Clube Ádega & Festivala20:00 Salón García - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O mércores 20 de maio, ás 20:00 horas, o Salón García acolle a proxección do mediometraxe documental ‘Altas luces’ (2026), dirixido por Pilar Abades, Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva.

Historiadoras da arte, fotógrafas e creadoras visuais debullan a historia das imaxes e da representación dos corpos, ao tempo que revelan as sombras das que, tras da cámara, se atreveron a mirar.

O filme explora a relación entre a fotografía, a mirada e o xénero, afondando na construción da representación do corpo feminino ao longo da historia.

Esta será unha nova colaboración do Cine Clube Ádega co Festivala, organizado por O Soño de Lilith.

O pase e coloquio posterior coas directoras será de balde para todo o mundo.

Hora

(Mércores) 20:00

Localización

Salón García

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!