III Media Maratón Entre Rías O Grove & Sanxenxo

dom17mai10:00III Media Maratón Entre Rías O Grove & Sanxenxo21km | 10km10:00 Praza do Corgo - O Grove

Detalles do Evento

Un total de 3.000 rexistrados, o 30% de fóra de Galicia, participarán nas dúas probas previstas da Media Maratón Entre Rías O Grove & Sanxenxo para o domingo 17 de maio. 

A Media Maratón sairá ás 10:00 horas da Praza do Corgo e a 10K da contorna da capela da Lanzada, ás 11.30 horas. O percorrido xa está homologado pola RFEA.

A cita contará con dous padriños, figuras de referencia no tríatlon, Dani Molina e Javi Gómez Noya, que darán unha charla coloquio o sábado 16, ás 20:00 horas, no Hotel Carlos I, con entrada libre.

Durante a tarde, haberá carreiras infantís gratuítas no porto do Grove. Un día antes, ofrecerase un concerto do grupo Assia gratuíto na Praza do Mar, a partir das 22:00 horas.

A entrega de dorsais poderá realizarse na Sala Nauta o venres pola tarde e o sábado, en horario de mañá e tarde ou o propio día no porto do Grove. A entrega dos dorsais 10k realizarase no Hotel Nuevo Lanzada.

Haberá servizos de autobús para os rexistrados en calquera das dúas probas. Os participantes da 21k poderán gravar a medalla en meta co nome e o tempo gratuitamente.

Hora

(Domingo) 10:00

Localización

Praza do Corgo

Praza do Corgo, O Grove

Está pasando!