VI Concentración de Vehículos Clásicos e Antigos Cidade de Pontevedra 

dom01set10:00dom20:00VI Concentración de Vehículos Clásicos e Antigos Cidade de Pontevedra Club Ava e Concello de Pontevedra10:00 - 20:00 Praza de España - Pontevedra

Detalles do Evento

Toda persoa amante dos coches clásicos e antigos terá unha cita ineludíbel o vindeiro domingo, 1 de setembro, na Praza do Concello. Entre as 10.00 e as 20.00 horas será posíbel observar e mesmo escoitar algúns vehículos de auténtica colección, e que se moverán entre a nostalxia dos máis maiores e a sorpresa dos máis novos.

O programa oficial inclúe a exposición de vehículos desde primeira hora, para logo realizar unha visita guiada á Illa de Tambo, con saída desde as Corbaceiras. A continuación realizarase unha comida colectiva en Casa Digna.


Presentación da VI Concentración de Vehículos Clásicos e Antigos Cidade de Pontevedra | © Concello de Pontevedra

VI Concentración de Vehículos Clásicos e Antigos Cidade de Pontevedra éunha cita sempre ben recibida, que xera curiosidade entre a veciñanza e os visitantes da Boa Vila. É posíbel grazas ao bo facer do Club AVA e a colaboración do Concello de Pontevedra.

A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, explicou que sempre é un pracer «camiñar pola cidade e atopar anacos da historia recente e non tan recente». «Coido que esta colaboración é moi positiva pois permite visibilizar o traballo que fai esta asociación e todas as persoas que están ou traballan coa mesma. Non se trata só de conservar vehículos por puro coleccionismo, senón que hai un obxectivo de divulgación».


Hora

(Domingo) 10:00 - 20:00

Localización

Praza de España

Praza de España, 1 36002 Pontevedra

Está pasando!