Visitas guiadas teatralizadas no Meirande de Redondela

sáb27xuñ(xuñ 27)16:30sáb29ago(ago 29)18:00Visitas guiadas teatralizadas no Meirande de Redondelacoa participación do Grupo de Teatro ADC Rande(xuño 27) 16:30 - (agosto 29) 18:00 Museo Meirande - Redondela

Detalles do Evento

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Turismo, presenta a nova programación de visitas guiadas teatralizadas no Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio Cultural de Rande (Meirande).

Esta proposta cultural e turística busca achegar a historia local á veciñanza e visitantes dun xeito dinámico, ameno e rigoroso. As xornadas contarán coa participación do Grupo de Teatro ADC Rande, cuxos actores e actrices serán os encargados de dar vida aos personaxes do relato histórico, recreando os feitos da lendaria batalla e o patrimonio industrial e cultural da zona.

As visitas están programadas para os vindeiros sábados 27 de xuño, 25 de xullo e 29 de agosto. Co obxectivo de facilitar a asistencia de público e respectar os límites de aforo do espazo, organizaranse dous pases en cada unha das datas: o primeiro ás 16:30 horas e o segundo ás 18:00 horas.

A entrada é de balde, pero debido á capacidade limitada de cada quenda, as persoas interesadas en asistir deberán realizar unha inscrición previa a través do teléfono 986 458 891 ou no enderezo electrónico museomeirande@redondela.gal

Hora

Xuño 27 (Sábado) 16:30 - Agosto 29 (Sábado) 18:00

Localización

Museo Meirande

Fabrica do Alemán, s/n Chapela (San Fausto) 36812 Redondela

Está pasando!