This is a repeating event

Galician Freaky Film Festival 2026 en Vigo

ven18setConsultarGalician Freaky Film Festival 2026 en VigoFestival Internacional de Cinema Freak e Fantástico de Vigo (Consultar: venres) Centro Comercial Praza Elíptica - Vigo

Detalles do Evento

O Galician Freaky Film Festival celebrará a súa décima edición do 17 ao 26 de setembro na Praza Elíptica de Vigo, consolidándose como unha das citas máis singulares do cine fantástico, alternativo e de culto en Galicia.

Festival Internacional de Cinema Freak e Fantástico de Vigo é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Ao longo de 10 días, o GFFF amosará unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución.

Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais. É o único festival do mundo que subtitula todos os filmes estranxeiros en galego.

No GFFF poderás atopar terror e arrepío para que non durmas máis, friquismo do de verdade, humor ata que escache o diafragma, pezas que che van deixar o cu torcido e a mellor animación.

A Selección Oficial do GFFF reúne 63 curtametraxes de todo o mundo, con estreas mundiais, españolas e galegas e propostas chegadas de países como Corea do Sur, Taiwán, Canadá ou Reino Unido.

Dos 63 filmes exhibidos, 24 son estreas en Galicia e 24 en España, ademais de contar con 1 estrea europea, 1 internacional e 1 mundial, o que dá boa conta do labor de búsqueda que realiza o equipo.

Unha das grandes novidades desta décima edición será a incorporación do premio Méliès d’Argent á Mellor Curtometraxe Europea, despois de que o festival convertésese oficialmente en membro competitivo da Méliès International Festivals Federation.

X EDITION: CELEBRANDO UNHA DÉCADA DE FREAKISMO

Galician Freaky Film Festival afonda na esencia máis freaky do cine, celebrando a cultura audiovisual máis alternativa e de culto. O festival internacional de cine fantástico e freak de Vigo ofrece unha coidadísima selección de curtametraxes, traendo estreas absolutas en Galicia. Ademais é o festival é único no mundo por subtitular todas as curtametraxes estranxeiras en galego. 

O seu ambiente único fai que cada ano aumente o exército de freaks que se achegan a Vigo para vivilo en primeira persoa. A recente incorporación á prestixiosa Federación Méliés, así como o respaldo de máis de 4.000 asistentes na súa última edición de 2025, consolidan ao GFFF como unha cita obrigatoria para os amantes do cine fantástico e alternativo en todo o mundo.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Centro Comercial Praza Elíptica

Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, Santiago de Vigo, 36203 Vigo

Está pasando!