Feira Franca | Concello de Pontevedra

This is a repeating event

XXV Feira Franca de Pontevedra

ven04setConsultarXXV Feira Franca de Pontevedra'as tabernas'(Consultar: venres) Centro Histórico de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Feira Franca, declarada Festa de Interese Turístico Galego, celébrase os días 4 e 5 de setembro de 2026 nas rúas e prazas do Centro Histórico de Pontevedra.

A XXV edición está adicada a ‘As Tabernas’. O programa estará dispoñible proximamente.

VENRES 4 | VÉSPERA DA FEIRA FRANCA

  • 18.30 h. Pregoeiros a cabalo anunciarán a feira nas prazas do centro histórico
  • 19.30 h. Pasarrúas de grupos de música, teatro e malabares
  • 21 h. Acto de apertura da XXV Feira Franca

SÁBADO 5 | XXV FEIRA FRANCA

Durante toda a xornada haberá actuacións musicais e teatrais nas prazas, demostracións de oficios tradicionais, exhibicións de cetraría, obradoiros infantís, obradoiros de xogos tradicionais etc.

  • 11 h. Apertura do mercado medieval e dos postos de venda de alimentación
  • 12 h. Desfile do transporte do viño a cargo da Asociación Recriativa de Xeve. Saída dos arredores do convento de Santa Clara ata a praza da Peregrina
  • 17.30 e 20 h. Torneo medieval. Praza de Touros

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Centro Histórico de Pontevedra

Está pasando!