This is a repeating event

X Val Miñor Fest en Nigrán

ven21agoConsultarX Val Miñor Fest en NigránFeira da cervexa e foodtrucks(Consultar: venres) Concello de Nigrán - Nigrán

Detalles do Evento

Concello de Nigrán celebra do 13 ao 23 de agosto o décimo aniversario do Val Miñor Fest, evento no esteiro de A Foz adicado á cervexa artesana, ampliándoo a dez días de duración fronte aos catro habituais.

Este aumento non cambia a súa esencia, xa que as ‘birras’ volverán a ser o protagonistas coa presencia de 9 marcas de referencia de toda España (Bubela, Lupia, Orgullo, Toys Brew Co, The One Beer, Tajo Brew, 8º Arte, Madroa e, por descontado, a nigranesa Banda).

O maridaxe será posible grazas a sete food-trucks que ofrecerán desde hamburguesas, a comida libanesa, venezolana, alemana, mexicana ou creps.

O carácter familiar do Val Miñor fest, coma sempre, reforzarase con obradoiros infantís polas tardes, xogos populares, música en directo prácticamente tódalas noites, sesións beer-mú, concurso o derradeiro día… Toda a programación polo míudo pode consultarse en nigran.org.

O evento está organizado por ‘La ruta del lúpulo’ coa colaboración do Concello de Nigrán e a cervexeira local Banda.

Os grupos que tocarán nesta edición son ‘Bluemonk’ no día inaugural (xoves 13 ás 22:00 horas), ‘The Know strangers’, o venres ‘Fanatic Four’ o sábado, ‘El pelotón de los torpes’ o domingo, ‘Mr. Fishman’ o xoves 20, ‘The liar papers’ o venres 21, ‘Plan de Fuga’ o sábado 22 e ‘In the Cisos’ como peche o domingo 23 ás 21:00 horas (o resto dos concertos son ás 22:00 horas).

Tódalas marcas terán prezos máis baratos que o habitual e haberá para tódolos gustos: cervexa rubia tradicional, suaves ou de máis gradación. Como é habitual, degustaranse nun vaso especial conmemorativo desta edición.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Nigrán

Está pasando!