Soutomaior organiza o I Foro sobre Memoria Histórica co título ‘Recuperar para construír’

6 Novembro 2024

O Concello de Soutomaior desenvolve por primeira vez na súa historia un foro sobre Memoria Histórica. O venres 8 e sábado 10 de novembro o Multiúsos de Arcade acollerá dúas xornadas ben completas, con exposicións, un documental, unha obra de teatro… E con algunhas das voces expertas na recuperación da memoria máis importantes do País.

Co título ‘Recuperar para construír’, estas xornadas van dirixidas a todo tipo de público e son de acceso libre e gratuíto.

O programa deste I Foro sobre Memoria Histórica é o seguinte:

Venres 8 de novembro:

  • 17:00 a 21:00 h. Exposicións ‘ACORDA’ e ‘REXAS’
  • 20:00 h. Presentación do Foro: Silvia Cernadas, concelleira de Memoria de Soutomaior
  • 20:10 h. Proxección do documental ‘ACORDA’
  • 21:00 h. Coloquio ‘O PAPEL DAS INSTITUCIÓNS PÚBLICAS NO PROCESO DE RECUPERACIÓN’. Participan:
    • MANUEL LOURENZO. Alcalde de Soutomaior
    • LUÍS BARÁ. Deputado no Parlamento Galego, filólogo e profesor
    • MARÍA ORTEGA. Ex deputada de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra
    • MARICA ADRIO. Deputada no Congreso e avogada

Sábado 9 de novembro:

  • 17:00 a 21:00 h. Exposicións ‘ACORDA’ e ‘REXAS’
  • 20:00 h. Teatro ‘A SEÑORA DE FORCADELA’
  • 21:00 h. Coloquio ‘ESPERTAR A MEMORIA’. Participan:
    • MONTSE FAJARDO. Xornalista e escritora especializada en memoria histórica
    • NATALIA JORGE. Historiadora e autora do libro ‘Abaixo as ditaduras’
    • TERO RODRÍGUEZ. Directora de escena e actriz
    • XOSÉ ÁLVAREZ. Historiador e experto sobre a represión na guerra e na posguerra

Está pasando!