Novos Cinemas – Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, xa está en Filmin!

12 Decembro 2020

Debido á situación sanitaria actual, este ano Novos Cinemas tivo que reducir o aforo das súas proxeccións polo que decidiron apostar polas plataformas dixitais creando unha canle en Filmin para Novos Cinemas. Nesta canle reproducirán unha gran parte de proxeccións para aquelas persoas que non podan acudir ao festival, xa sexa polo aforo o pola mobilidade reducida. Lévannos Novos Cinemas á nosa casa!

Por iso durante a celebración da actual edición de Novos Cinemas, do 15 ao 20 de decembro, poderemos desfrutar na plataforma cinematográfica dos filmes que proxectarán no certame, tanto os da Sección Oficial como os da Sección Latexos. Ademais, subiron á súa canle de Filmin unha selección de proxeccións que pasaron polo certame en edición anteriores. Accede á canle de Novos Cinemas a través desta ligazón.

Está pasando!