O Cineclub Bueu retoma a proxección de ‘Sorry we missed you’

18 Xuño 2021

O Cineclub Bueu retoma a proxección en VOSE de ‘Sorry we missed you’ que houbo de cancelar a finais do ano pasado polas restricións da Covid-19.

O venres 18 de xuño, ás 21:00 horas, poderedes ver no Centro Social do Mar este aclamado filme de Ken Loach, un director moi apegado á realidade social dos nosos días.

Entrada: 2,00 € (cota socios anuais) e 4,00 € (cota socios sesión).

Sinopse

Ricky e a súa familia estiveron loitando contra as débedas desde a crise financeira do ano 2008. Afortunadamente para eles preséntase unha gran oportunidade para conseguir tomarse un respiro e optar, mesmo, a algo de independencia grazas a unha nova furgoneta.

A familia decide crear unha franquía de entregas a domicilio. É un traballo duro e que a muller de Ricky sexa asistente non é algo que facilita a situación. Con todo, a familia móstrase decidida a manterse unida, sen importar as dificultades que aparezan no camiño.

Está pasando!