O concerto ‘Negra Sombra’ da academia de canto Bonnie Cooper homenaxea as Letras Galegas o 16 de maio no Teatro Principal de Pontevedra

14 Maio 2024

  • O Teatro Principal acollerá o evento con entrada libre ata completar cabida
  • O público poderá gozar con pezas dos compositores García Abril, Montes, Toldra e Monpu
  • Tamén terá lugar a estrea mundial da propia Bonnie Copper, compositora e soprano

A soprano e compositora canadiense afincada e Pontevedra, Bonnie Cooper, chegará o vindeiro xoves 16 ás 20:00 horas ao Teatro Principal xunto o alumnado da súa escola de canto. Baixo o título de ‘Negra Sombra’ terá lugar o concerto destinado a celebrar as Letras Galegas.

O seu repertorio estará composto por obras de García Abril, Montes, Toldrá e Mompou – importantes compositores españois – e incluso de compositores pontevedreses como Pedrosa e Zumalave. Tamén terá lugar a estrea mundial da compositora e soprano Bonnie Cooper.

O peche contará cunha interpretación coral da peza ‘Negra Sombra’, con música de Montes e texto de Rosalía de Castro.

O evento contará con entrada libre ata completar cabida.



Está pasando!