Concerto de Alba Reche en Pontevedra

sáb03out19:30Concerto de Alba Reche en Pontevedraciclo 'Resonancias': Música e saúde mental19:30 Liceo Casino - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra volve situar o coidado da saúde mental no centro da axenda cultural coa presentación da nova entrega do ciclo ‘Resonancias’. 

Tralo éxito colleitado na experiencia piloto do ano pasado con ‘Eladio y Los seres queridos’, a cidade renova a súa aposta por este formato que afonda nos procesos creativos e emocionais a través da arte.

Nesta ocasión, a artista convidada será Alba Reche, quen ofrecerá unha experiencia deseñada para ir máis aló do entretemento e converterse nun espazo de reflexión e divulgación.

A cita celebrarase o xoves 3 de outubro no Liceo Casino de Pontevedra, coa apertura de portas ás 19:30 horas e entrada libre ata completar cabida. 

A estrutura do evento inclúe unha presentación inicial, unha conversa divulgativa duns 40 a 45 minutos e un concerto acústico final de arredor dunha hora de duración.

Alén da proposta musical, ‘Resonancias’ xorde do fondo vínculo existente entre a creación artística e a psicoloxía. Para garantir un carácter rigoroso e de axuda real para a poboación, a iniciativa conta co respaldo dun equipo de profesionais da psicoloxía liderado por Rosana Corbacho. Deste xeito, procúrase ofrecer ferramentas de apoio emocional e visibilizar as vivencias internas dos creadores.

Hora

(Sábado) 19:30

Localización

Liceo Casino

Rúa Manuel Quiroga, 21, 36002 Pontevedra

Está pasando!