O festival Costa Feira amplia o cartel de Pop A Feira coa incorporación de Hey Kid

15 Xullo 2026

  • O artista súmase a Inazio, Íñigo Quintero, Malmö 040 e Pavlenha na xornada dedicada ao novo pop nacional, que se celebrará o 13 de agosto e aínda garda unha última incorporación
  • A edición 2026 continúa crecendo con novas propostas e experiencias, consolidando unha programación que percorrerá diferentes estilos musicais durante todo o verán

O festival Costa Feira continúa dando forma a súa cuarta edición e anuncia a incorporación de Hey Kid a Pop A Feira, a xornada dedicada ao novo pop nacional que terá lugar o próximo 13 de agosto en Sanxenxo.

O artista súmase a Inazio, Íñigo Quintero, Malmö 040 e Pavlenha nunha cita que reunirá distintas miradas sobre unha escena en plena efervescencia. Cancións que parten do íntimo, letras que falan desde o cotián e sons capaces de moverse con naturalidade entre o pop, o indie e a canción de autor contemporáneo.

Con esta nova confirmación, Costa Feira reforza unha das xornadas con maior identidade propia da súa programación. Pero Pop A Feira aínda garda unha última sorpresa: o festival anunciará proximamente un novo nome que rematará de dar forma ao cartel do 13 de agosto.

COSTA FEIRA MIRA AO FUTURO DO POP

Pop A Feira nace como un espazo para os artistas que están a construír novas formas de entender o pop nacional. Propostas cunha identidade reconocible, unha relación directa coa súa audiencia e unha capacidade especial para converter emocións privados en cancións compartidas.

A incorporación de Hey Kid encaixa de forma natural nese relato. O seu universo musical e xeracional súmase a unha xornada que non busca reunir unha única etiqueta, senón mostrar a diversidade creativa dunha escena que está a renovar o panorama musical español.

O próximo 13 de agosto, Costa Feira concentrará nun mesmo escenario algúns dos proxectos con maior crecemento do momento, nunha noite pensada para descubrir novas cancións, reencontrarse con outras xa coñecidas e celebrar o presente do pop nacional.

UNHA PROGRAMACIÓN QUE PERCORRE XÉNEROS E XERACIÓNS

A chegada de Hey Kid intégrase nunha programación que se estenderá do 24 de xullo ao 22 de agosto e que volverá converter Sanxenxo nun dos grandes puntos de encontro musicais do verán.

Nomes como Nicky Jam, Delaossa, Loquillo, Rusowsky, Taburete e Xavibo convivirán con propostas especiais como Wake Up!, dedicada á electrónica; Molan Los 2000; e Pop a Feira, reforzando o carácter aberto e transversal do festival.

A esta programación súmase “Electrolatino by Juan Magán”, unha das grandes novidades desta edición, que levará a festa aos martes de Costa Feira. O ciclo reunirá a artistas como Jose de Rico, Víctor Magán, Henry Méndez, Anthony & Yeigo, Marc Magán, Danny Romero, Mar Lucas e Jay Santos, alén dos DJ’s Electrolatino e varias sorpresas aínda por anunciar. Unha proposta pensada para recuperar os grandes himnos dun xénero que marcou a toda unha xeración.

COSTA FEIRA, MOITO MÁIS QUE UN FESTIVAL

Tras reunir a 60.000 asistentes na súa terceira edición, Costa Feira afronta unha nova cita co obxectivo de seguir crecendo en impacto, calidade e capacidade de convocatoria. Durante un mes, o festival volverá combinar música en directo, gastronomía e experiencias nunha contorna única como Sanxenxo, consolidándose como un dos proxectos musicais e culturais máis diferenciais do verán en España.

Máis aló do escenario, Costa Feira continúa apostando por un modelo experiencial no que conviven grandes concertos, propostas para públicos moi diversos e unha forma de desfrutar do verán que transcende a propia música.

Está pasando!