O grupo Troula na Barquiña pechará a 13ª edición dos Cantos de Taberna en Pontevedra

28 Maio 2026

A 13ª edición dos Cantos de Taberna, o programa musical impulsado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa AC Maravallada, celebrase nos últimos venres dos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio de 2026, como sempre en horario de noite, de 21:00 a 24:00 horas.

O ciclo, que conta cunha filosofía de seu na que se busca a mínima instrumentación e outorgarlle todo o protagonismo ás voces, amplía este ano o seu rango de acción, buscando novos establecementos que encher de melodía e tradición.

A última cita dos Cantos de Taberna será o venres 29 de maio nos locais Moderno e O Forno (situados na rúa Riestra).

A actuación correrá a cargo de Troula na Barquiña de Noia e comezará ás 21:00 horas.

A VISIÓN DE MARAVALLADA

As tabernas, a parte de ser establecementos de venda de bebidas, sempre foron lugares de encontro e camaradería, onde se contaban confidencias e se cantaba, porque o canto, as veces, mesturado cunha chisca de viño, fai aflorar os mais fondos sentimentos das persoas.

Ao longo dos anos setenta, comezaron a verse por distintas tabernas o consabido cartel de “Prohibido cantar”, cencenando así o desexo de moitos afeccionados á música de pasar un momento agradable cantando en compaña de bos amigos.

O canto de taberna, polo tanto, debe ser algo compartido, feito entre todos, algo que faga xurdir a participación dos presentes, por eso Maravallada facilita as letras das cantigas para que así os asistentes poidan unirse ao canto.

Historicamente o canto de taberna foi unha manifestación musical onde o instrumento primordial, e na maioría dos casos o único, era a voz.

As voces podían ir acompañadas dalgún instrumento que normalmente se “fabricaba” de xeito espontáneo, cunchas de vieira, culleres, golpes ben acompasados na mesa ou na barra…, e noutras ocasións podía haber un “músico” que dispoñía dunha guitarra, un acordeón… por ese motivo Maravallada creou unhas bases de participación para os cantos de taberna en Pontevedra onde se priorizan os elementos antes sinalados.

Está pasando!