O musical ‘Cruz de Navajas, El Último Mecano’, chega esta fin de semana ao Auditorio Mar de Vigo con catro únicas funcións

18 Maio 2023

  • Un espectáculo único, con 25 artistas, que leva ao escenario os grandes éxitos do mítico grupo Mecano grazas a un sorprendente e rompedor formato audiovisual e unha posta en escena sen precedentes
  • O exitoso musical, obra do coprodutor de ‘Billy Elliot, El Musical’, representarase do esta fin de semana no Auditorio Mar de Vigo e levarán a cabo 4 funcións, dúas delas previstas para o sábado 20 de maio

‘Cruz de Navajas, El Último Mecano’, é o maior recoñecemento ao grupo máis grande do pop do noso país, Mecano, que xa viron máis 300.000 persoas e que continúa a súa xira polos principais teatros e auditorios do país. Non se trata dun musical ao uso, senón dun espectáculo único. Por primeira vez, non se emprega un fío argumental que conecte cada tema: cada un deles transfórmase nunha historia e un universo particular. Un sorprendente e rompedor formato audiovisual, onde se escoitan e recrean as grandes cancións de Mecano, interpretadas cada unha delas con orixinais e asombrosas postas en escena, grazas a unha avanzada tecnoloxía, e ao talento e a sensibilidade máis exquisita.


‘Cruz de Navajas, El Último Mecano’ é unha obra creada polo experimentado e recoñecido produtor e director artístico Gonzalo Pérez Pastor. Galardoado cun Premio MAX por ‘Avenue Q’, doce Premios de Teatro Musical, seis Premios Broadway World por ‘Sonrisas y Lágrimas’, ‘West Side Story’ e ‘Billy Elliot’, Gonzalo Pérez Pastor soubo rodearse dos mellores profesionais e seleccionar aos artistas con maior talento, para garantir un resultado de máxima calidade e gusto exquisito.

Son máis de 30 as cancións, 200 traxes de vestiario, 40.000 watios de son, 300 focos, 100 metros cadrados de pantallas led, e máis de 100 profesionais para poñer en pé este espectáculo… e sobre o escenario? 25 artistas, compostos por 8 cantantes con voces moi especiais, un espectacular corpo de baile, unha extraordinaria banda de músicos que tocan en directo e sobre un sorprendente escenario, e todo iso enmarcado nunha impactante e magnífica escenografía, de luces e pantallas con vídeos proxectados, que transforman a cada momento todos e cada un dos números, para convertelos en asombrosas pezas musicais.


Estreada en marzo de 2020 no teatro da Rambleta de Valencia, “Cruz de Navajas, El Último Mecano” proseguiu a súa andaina e xa pasou por cidades como Zaragoza, Cuenca, Barcelona, ou Salamanca entre otras, apostando por Vigo no seu percorrido por máis de 20 ciudades previstas en esta gira 2023.

‘Cruz de Navajas, El Último Mecano’ é, máis que un musical ou un concerto, toda unha experiencia audiovisual. Un espectáculo único que ningún apaixonado da música debe perderse. Estará do 19 ao 21 de maio no Auditorio Mar de Vigo e levarán a cabo 4 funcións, venres ás 20.30 horas, sábado ás 18.00 e 21.30 horas e domingo, 18.00 horas. As entradas están á venda a través de teuticket.com


Está pasando!