O Rotary Club de Pontevedra organiza un paseo solidario polo litoral de Poio

10 Xaneiro 2025

O vindeiro domingo, 12 de xaneiro de 2025, o Rotary Club de Pontevedra organiza a IX Andaina Rotaria Solidaria, unha camiñada de 9 km polo fermoso litoral de Poio.

A actividade, que comezará ás 10:15 horas desde El Cafetín da Alameda de Pontevedra, ten como obxectivo recadar fondos para axudar aos damnificados pola DANA que afectou a Valencia.

O percorrido, maioritariamente chairo e costeiro, ten unha duración aproximada de 2 horas, e está deseñado para ser accesible a todas as persoas, independentemente do seu nivel físico. Durante o traxecto, os participantes poderán gozar dun día asollado con temperaturas que alcanzarán os 17º C.



A recadación obtida nesta iniciativa solidaria destinarase integramente aos afectados polas inundacións en Valencia.

As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico [email protected] e as achegas tamén poden realizarse mediante Bizum ONG ao 01869 ou ao IBAN do Club (ES50 0049 6781 1329 1602 2797).

Está pasando!