O VIII Festival das Núbebes achegará as artes escénicas aos máis cativos os días 18, 19, 25 e 26 de setembro no Teatro Principal de Pontevedra

9 Setembro 2021

  • Cun formato reducido e adaptado ás circunstacias, bebés e familias gozarán de 4 espectáculos con pase ás 12:00 e 18:00 horas
  • Teatro, danza, música e tradición oral da man de Caramuxo Teatro, Baobab Teatro, Rilo & Penadique e Cé Orquestra Pantasma
  • As entradas, á venda a partir deste luns 13 de setembro en Ataquilla.com terán un custo de 3 euros

A concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, presentou esta mañá a VIII edición do Festival das Núbebes “un programa moi querido que conecta co espírito da cidade. Hai anos un xornalistas fixeran unha reportaxe de a que soaban as cidade des Galicia e Pontevedra soa a cativos e cativas na rúa. Coherentemente con esta idea, a programación cultural infantil na cidade é numerosa e comeza a idades moi temperás con bebés que veñen en familia a gozar das artes escénicas. Educamos ao público dende moi novo que ao medrar vai esixindo estándares de calidade moi altos”.

A concelleira apuntou a que dada a situación actual, quixeron adaptar o formato reducindo a 4 espectáculos diferentes – que terán lugar en dous pases os días 18, 19, 25 e 26 de setembro – centralo no Teatro Principal e apostar exclusivamente por compañías galegas pero sacar o festival adiante. “O ano pasado non nos quedou máis remedio que cancelar porque a situación era máis complicada e se pola súa natureza os aforos deste festival xa son reducidos, reducilos aínda máis era inviable”.

Fouces salientou á calidade das compañías seleccionadas, como Caramuxo Teatro ou Baobab – organizadores e cabeza do festival- ambos nominados aos premios María Casares que se fallarán hoxe e deixou claro que “arrancamos con prudencia pero con forza, apostamos polo teatro galego e agardamos que a xente se achegue a gozar destas 4 xornadas que encherá as prazas e rúas da cidade con más son de crianzas do que habitualmente hai”.

As entradas, á venda a partir deste luns 13 en Ataquilla.com terán un custo de 3 euros e é preciso que todos os membros da familia, incluídos os bebés, teñan a súa.


Sábado 18 de Setembro – 12.00 e 18.00 horas

‘Catro’ de Caramuxo Teatro

Teatro e danza | De 1 a 4 anos

Catro lados ten un cadrado, catro son as estrelas que vexo desde a miña habitación, catro os recunchos do meu lugar favorito…

Catro é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida a través do movemento coma linguaxe, como canle de coñecemento.

https://www.caramuxoteatro.com/catro


Domingo 19 de setembro – 12.00 e 18.00 horas

‘Ris Ras’ de Baobab Teatro

Música e teatro | De 1 a 6 anos

Pensado para enredar, rir e bailar, Ris Ras é un espectáculo musical e teatral para os/as máis pequenos/as da casa onde a palabra e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega.

https://baobabteatro.com/es/ris-ras


Sábado 25 de setembro – 12.00 e 18.00 horas

‘Da Lúa’ de Rilo & Penadique

Narración oral e música | De 0 a 3 anos

“Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: A primeira apagouse e naceu a Lúa. A segunda quedou acesa e naceu o Sol. A terceira comezou a xirar e naceu a Terra. Na Terra hai un carballo, no carballo hai un niño, no niño hai unha merla que choca tres ovos…”

Da Lúa é un espectáculo de narración oral e música co que imos arrolar, contar, cantar e xogar xuntas para soñar e medrar libres!

https://www.culturactiva.org/gl/artista/rilo-penadique


Domingo 26 de setembro – 12.00 e 18.00 horas

‘A Voar’ de Cé Orquestra Pantasma

Concerto | Público familiar

Espectáculo divertido, dinámico e participativo baseado no conto da xoaniña Xoana, un canto ás necesidades de liberdade, movemento e xogo libre dos nenos e nenas.

https://miudinho.gal/producto/a-voar/


Está pasando!