Presentación das Festas de San Xoán 2022 | © Concello de Poio

Poio presenta a programación das festas patronais de San Xoán 2022

19 Xuño 2022

O concelleiro de Festexos de Poio, Xosé Luís Martínez, acompañado do alcalde, Luciano Sobral, presentou onte a programación das Festas de San Xoán 2022, unha edición “das máis especiais”, toda vez que recupera a súa esencia tras dous anos nos que o Concello se viu na obriga de adaptar o programa ás restricións provocadas pola pandemia da COVID-19.

“As nosas festas patronais volven con máis forza que nunca para consolidarse novamente como unha das citas de referencia da bisbarra no comezo do verán”, aseveraron tanto o rexedor como o edil do Goberno municipal, aos que tamén acompañaron as concelleiras nacionalistas Raquel Rodríguez e Marga Caldas, ademais de representantes de asociacións e artistas que protagonizarán diferentes actividades e iniciativas entre o 22 e o 26 de xuño.

PROGRAMACIÓN SAN XOÁN 2022

MÉRCORES 22 XUÑO
20:30 Desfile e foliada ancestral de San Xoán. Saída desde a rúa Fernández de la Mora ata a praza do Concello.Concello.
21:00 Pregón de San Xoán dende a Casa Consistorial: entrega dos premios do concurso carteis de San Xoán e dos premios do deporte 2022.
Lectura do pregón a cargo de Quico Cadaval.
Actuación de Nelson Quinteiro, a Asociación Cultural Máis Cantos e charanga tradicional.
Degustación de rosca e viño.

XOVES 23 XUÑO
10:00 Alboradas nas parroquias a cargo de agrupacións folclóricas locais.
18:00 Recollida de herbas de San Xoán coas Pandereteiras do Ronsel
(Local Social Sartal). Organiza: A.C. Ronsel.
21:30 Sardiñada popular na Seca.
22:30 Gran verbena amenizada pola Orquestra Marbella.
23:30 Espectáculo de lume e prendido da Fogueira na Seca.

VENRES 24 XUÑO
10:00 Alboradas nas parroquias a cargo de agrupacións folclóricas locais.
12:00 Misa solemne na honra de San Xoán Bautista, coa actuación da Coral de Poio.
13:00 Concerto da Banda de música de Cabral.
22:00 Gran verbena amenizada pola Orquestra Saudade e Charleston Big Band.

SÁBADO 25 XUÑO
10:00 Alboradas nas parroquias a cargo de agrupacións folclóricas locais.
12:00 Misa solemne na honra de Santa Trahamunda, coa actuación da Coral Virxe de Fátima.
13:00 Subida a San Martiño acompañado polo Grupo Folclórico Vides Novas.
13:00 Concerto da Banda de Música de A Lama.
20:00 Concerto da Escola de Acordeóns en Liñares.
21:30 Gran verbena amenizada pola Orquestra Panorama e o Grupo Atenas.

DOMINGO 26 XUÑO
10:00 Alboradas nas Parroquias a cargo de agrupacións folclóricas locais.
12:00 Misa solemne na honra de San Fructuoso, coa actuación da Coral Virxe da Renda.
13:00 Concerto da Banda de Música de Arcade.
20:00 Concerto da Escola de Acordeóns en Vilariño.
21:30 Gran verbena amenizada polas orquestras  Capitol e París de Noia.
00:00 Fogos de lucería.


Está pasando!