Noite de ánimas, petiscos de Samaín, escape room, maratón de cinema… son algunhas das propostas para celebrar o Samaín en Soutomaior

17 Outubro 2024

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a concelleira de Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña, presentaron o Samaín de Soutomaior, unha data que se celebrará os días 27 e 31 de outubro e o 2 e 3 de novembro con diferentes actividades para todos os públicos.

Noite de ánimas, petiscos de Samaín, escape room, maratón de cinema… son soamente algunhas das propostas que se desenvolverán en Soutomaior nesta tradicional festa do Samaín.

As actividades que requiren de inscrición previa estarán abertas dende o venres, 18 de outubro, ás 10:00 horas en gabinetesoutomaior.com


Presentación do Samaín 2024 en Soutomaior | © Concello de Soutomaoir

A programación do Samaín 2024, que se levará a cabo durante estas catro xornadas é a seguinte:

 DOMINGO 27 OUTUBRO 

Obradoiro de talla de cabazas

  • Finca Cafexo – Massó
  • Todas as idades | de 17:00 – 18:30h
  • De balde | Inscricións do venres 18 de outubro ás 10:00h ata o xoves 24 de outubro

 VENRES 31 OUTUBRO 

Obradoiro de Candeas e Maquillaxes

  • Praza Cima de Vila
  • Todas as idades | 17:45 a 19:00h
  • De balde | Sen inscrición previa

Noite de Ánimas

  • Punto de encontro: Inicio no cruce da Praza de Cima de Vila
  • Todas as idades | 19:00 a 20:15h
  • Libre sen entrada

 SÁBADO 2 DE NOVEMBRO 

Escape Room: Alén da Morte!

  • Multiusos, Arcade
  • 3 e máis anos | 5 pases (entre 17:00 e 20:00h)
  • De balde | Inscricións do venres 18 de outubro ás 10:00h ata o mércores 30 de outubro

 DOMINGO 3 NOVEMBRO 

Contos polo Samaín ‘O medo ponse no medio’

  • Finca Cafexo – Massó
  • 14 e máis anos | 2 pases según selección (entre 16:30 e 21:00h)
  • De balde | Inscricións do venres 18 de outubro ás 10:00h ata o mércores 30 de outubro

Maratón de Cinema

  • Multiúsos, Arcade
  • 13 e máis anos | 20:00 a 02:30h
  • Libre sen entrada

Tarde de Samaín

  • Alameda Talo Río
  • Todas as idades | A partir das 20:30h
  • Libre sen entrada

Está pasando!