Presentación da programación de Nadal 2024 | © Concello de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño presenta unha extensa programación de Nadal con actividades e iniciativas culturais que terán lugar durante as vindeiras semanas

10 Decembro 2024

O venres 20 de decembro ás 19:30 horas terá lugar a inauguración da decoración da Praza do Concello creada como en anos anteriores por alumnos e alumnas dos centros educativos e do módulo de carpintaría do IES Salvaterra de Miño


O mes de decembro é un mes especial para as familias e por iso dende o Concello de Salvaterra de Miño elaborase un ano máis un programa con actividades e iniciativas culturais que terá lugar durante as vindeiras semanas.

A programación de Nadal inclúe datas importantes como a visita de Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos pero tamén actividades moi aclamadas como a tradicional San Silvestre que este ano parte dende Monção ou o Mercado de Nadal que repite despois de celebrarse o pasado ano a primeira edición.

Precisamente o mercado, que terá lugar os días 20, 21 e 22 decembro, coincide coa inauguración da decoración da Praza do Concello na que participan os centros educativos e o módulo de Carpintaría do IES Salvaterra de Miño e que é un dos puntos diferenciadores e únicos da decoración de Nadal. Estas figuras e creacións en madeira que fan os alumnos e alumnas tamén se poderán ver noutros puntos do casco urbano.

Co fin de servir de guía para veciños, veciñas e visitantes elaborase esta programación onde non faltan as actuacións de Nadal das asociacións culturais e deportivas do noso municipio sen esquecer actividades infantís como o obradoiro de adornos da Biblioteca, o contacontos “O Censor de Monstros” ou as obras “Ollo Piollo” e “Running”; ademais de cine, concertos, festivais, teatro e outras actividades.


Está pasando!