A escola de danza Plié de Pontevedra despedirá o curso co espectáculo ‘Presente’

6 Xuño 2024

Os sábados 15 e 22 de xuño, a escola de danza Plié porá en escena ‘Presente’, o seu espectáculo fin de curso 20024.

Durante esta viaxe, miraremos atrás para lembrar grandes artistas, as melodías que nos emocionaron e as experiencias que nos fixeron ser o que somos hoxe…

Tamén proxectaremos cara adiante, visualizando os nosos soños e aspiracións…

Pero o máis importante desta viaxe é o baile, que conecta co presente, co aquí e agora, que ás veces esquecémonos e é tan valioso como único.

Únete a nós!

Pezas coreográficas diferentes, diferentes bailaríns no escenario e todo feito con moito amor e cariño para que disfrutes e queiras máis!

Agardámoste!

Dúas funcións, sábado 15 xuño ás 19:00 horas e sábado 22 xuño ás 19:30 horas, no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra. Apertura de portas media hora antes do show.

Entradas anticipadas á venda desde 8 euros en Ataquilla.com

Está pasando!