A Praia de Cesantes acollerá do 17 ao 19 de setembro a XIV edición do festival alternativo Millo Verde

14 Setembro 2021

Logo de ter que suspender a edición de 2020 por mor da pandemia da Covid, o festival alternativo Millo Verde regresa este verán. Será na Praia de Cesantes, do 17 ao 19 de setembro, e cun interesante cartel os tres días de concertos.

O cartel do venres 17 ofrece os concertos dos galegos Rebeliom do Inframundo e o grupo francés The Far Badgers, ademais dos gañadores do concurso de maquetas.

O sábado a representación galega correrá a cargo de Zeltia Irevire e Terrae, que se alternarán no escenario con Ombligo e a cantante arxentina La Yegros.

O festival péchase o domingo 19 con María Ruíz & La Mare, a cantante viguesa High Paw e o grupo Pillabands.

Venres 17

  • Gañador Concurso de Maquetas
  • Rebelión do Inframundo (GZ)
  • The Fat Badgers (FR)

Sábado 18

  • Zeltia Irevire (GZ)
  • Ombligo (ES)
  • La Yegros (ARG)
  • Terrae (GZ)

Domingo 19

  • María Ruíz & La Mare (ES)
  • High Paw (GZ)
  • Pillabands (GZ)

Ademais dos concertos, os asistentes poderán disfrutar tamén de multitude de actividades: ponencias, minibasket, graffitis, entre outras.

A situación sanitaria obriga aos organizadores a establecer un aforo limitado e, por primeira vez, porán entradas á venda “a prezos razoables” en entradium.com

Deste xeito poderán limitar a cantidade de público e cubrir parte dos gastos do festival. En función da situación sanitaria teñen estimada a participación de entre 400 e 500 espectadores.


Está pasando!